tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS EN EL TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (domingo 8 de xuño, entre as 9:00 e as 12:00)

06/06/25

Cortarase totalmente ao tráfico a praza do Campo de Conxo, o domingo 8/6 entre as 9:00 e as 12:00. As liñas 5 e C2 realizarán os seguintes desvíos: 

(DESVÍO EN SENTIDO SUR DE CIRCULACIÓN, liñas 5 e C2):
Desde a rotonda de Conxo cara o Campo de Conxo e Benéfica: os autobuses das liñas 5 a Rocha e C2 non poderán circular.

*Liña 5 sentido Rocha: desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Volta do Castro (sentido sur, cara Rocha) e retomando o itinerario habitual na rúa Poza Real de Abaixo (Santa Apolonia).

-Paradas suprimidas LIÑA 5 sentido Rocha:

(155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28; (246) Torrente, cruce Volta do Castro.

Os usuarios que desexen baixar nestas paradas terán a alternativa, ben de baixar na parada de Santa Apolonia, ben continuar percorrido ata Rocha ou Rocha Vella e baixar na zona de Torrente e Benéfica de Conxo cando o autobús vai de novo cara o centro. 

*Liña C2: despois de sair do hospital Provincial, desde a rotonda de Conxo desviarase pola SC-20 incorporándose á rotonda de Volta do Castro, rúa Torrente, Benéfica de Conxo e itinerario habitual pola rúa dos Roláns cara o hospital Clínico.

-Paradas suprimidas LIÑA C2:

(155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés.



(DESVÍO EN SENTIDO NORTE DE CIRCULACIÓN, liña 5):

*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite só poderá chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará có seu itinerario habitual pola avda. de Ferrol.

-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior (Benéfica de Conxo – Televés ou avda. de Ferrol).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.