tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 5 e P6 por corte de tráfico na rúa San Pedro de Mezonzo (venres 30/5 a partir das 16:00)

30/05/25

Con motivo dun corte de tráfico na rúa San Pedro de Mezonzo (treito entre a rúa da Rosa e Rep. Arxentina), o venres 30 de maio a partir das 16:00, as liñas 5 e P6 realizarán o seguinte desvío:

*Liña P6: non perde ningunha parada habitual, se ben ao sair da rúa da Rosa terá que desviarse cara Santiago de Chile e retomar o itinerario en República Arxentina.
*Liña 5 sentido Rocha: afectada polo desvío que está a realizar actualmente polo corte de Rep. do Salvador. Desviaranse ata o final da rúa da Rosa, Santiago de Chile, retomando o seu itinerario en Frei Rosendo Salvado. 

Quedará suprimida neste horario para a liña 5 a parada 263, Frei Rosendo Salvado. Realizarase unha parada alternativa na confluencia de Santiago de Chile con Frei Rosendo Salvado.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.