tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico no cruzamento entre as rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador (a partir do inicio de servizos do luns 5 de maio)

30/04/25

A partir do inicio de servizos do luns 5 de maio e cunha duración estimada de dous meses, as liñas 5, 13, 15, C11 e P6 realizarán os desvíos indicados de seguido:

Quedan suprimidas totalmente as seguintes paradas:
-433 República do Salvador

-673 Xeneral Pardiñas nº 35

-674 Xeneral Pardiñas nº 7


*Liña 5 (traxecto Rocha – Vite), liña 15 (traxecto Campus Sur - Campus Norte) e liña P6 (traxecto rúa da Rosa - Polígono do Tambre): desde República Arxentina desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambiarán de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual 409 (pza. de Galicia, sentido norte).

*Liña 5 (traxecto Vite – Rocha): desde Doutor Teixeiro desviaranse pola pza. de Ponte Castro, rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo e retomarán o seu itinerario habitual na pza. Roxa.

*Liña 13: rematará o percorrido na pza. de Galicia, desde onde iniciará de novo cara Belvís.

*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e cambiará de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual 409 (pza. de Galicia, sentido norte).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.