tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 5 por obras na rúa Benéfica de Conxo (a partir das 10:00 do luns 5/5 ata as 8:00 do MARTES 13/5/2025)

29/04/25

A rúa Benéfica de Conxo cortarase por espazo dunha semana, afectando á liña 5.

*Liña 5 (traxectos con saída da Rocha): desde Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia) non poderán acceder á rúa Torrente, polo que se desviarán por rotonda de Volta do Castro, SC-20, rotonda de Conxo, Campo de Conxo (psiquiátrico), cambio de sentido na rotonda de Teléves, e continuarán o seu percorrido habitual novamente por Campo de Conxo e pola avda. de Ferrol.
Paradas suprimidas: 629, Torrente nº 31; 627, Torrente (c. Travesa Benéfica); 126, Benéfica de Conxo.

*Liña 5 (traxectos con destino Rocha): desde Campo de Conxo chegarán ata a rotonda de Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando de novo pola rotonda de Conxo, SC-20, rotonda de Volta do Castro e percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).

Paradas suprimidas: 626, Torrente (c. Travesa Benéfica); 628, Torrente nº 28; 246, Torrente (c. Volta do Castro).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.