tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 3/5/2025)

29/04/25

Consulten os servizos de transporte para asistir ao vindeiro partido de Monbus Obradoiro, o sábado 3 de maio ás 18:30 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 17:30.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 17:30, 17:45, 18:00 e 18:15. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.