tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS

Servizos para asistir ao concerto de Fermín Muguruza no multiusos Fontes do Sar (sábado 15/3/2025)

11/03/25

Consulten os servizos de transporte para asistir ao concerto de Fermín Muguruza o sábado 15 de marzo no multiusos Fontes do Sar.

*Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar entre as 18:30 e as 21:00.
*Liña C11: frecuencia o sábado pola tarde de 15'. Entre as 18:30 e as 21:00 (horas por Xeneral Pardiñas), prolongaranse todos os servizos ao multiusos. No resto de horarios, a liña conta con parada próxima ao multiusos na rúa Londres, cruce con Fontes do Sar. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.

*Ao remate do concerto manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.