DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO
Con motivo de traballos de asfaltado nos accesos a Marrozos desde a estrada N-525, estas vías cortaranse ao tráfico do seguinte xeito:
*O mércores 27/11 a partir das 8:30, cortarase o sentido de saída da cidade, polo que o autobús continuará pola vía principal, quedando anulada a parada 306, Marrozos 4 (Pajuela). Os usuarios que desexen baixar nesta parada terán a opción de ir ata a Susana e baixar no sentido contrario de circulación cando o autobús volte cara Santiago, abonando un único billete.
*O xoves 28/11 a partir das 8:30, cortarase o sentido de entrada á cidade. Igualmente, o bus irá pola vía principal, quedando anulada a parada 303, Marrozos 1 (Pajuela).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.