tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 11/1/2025)

08/01/25

Consulten os servizos de transporte para asistir ao vindeiro partido de Monbus Obradoiro, o sábado 11 de xaneiro ás 19:30 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 18:30.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 18:30, 18:45, 19:00 e 19:15. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.