tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (martes 10/12/2024)

05/12/24

Consulten os servizos de transporte para asistir ao vindeiro partido de Monbus Obradoiro, o martes 10 de decembro ás 20:30 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:30.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:29, 19:41, 19:53, 20:05 e 20:17. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.