DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO
Con motivo da reparación dunha arqueta, cortarase ao tráfico no horario indicado a pza. de Ponte Castro, no acceso desde a rúa Doutor Teixeiro.
Desvíos por liña:
*Circulando desde Doutor Teixeiro cara a rúa da Rosa: liñas 6, 6A, C5, P3 e P6.
Desde Doutor Teixeiro desviaranse pola rúa do Hórreo (Parlamento), retomando o itinerario habitual no Hórreo, despois do cruce con Santiago León de Caracas.
Paradas suprimidas: 479, rúa da Rosa; 591, Santiago León de Caracas (centro de saúde).
As liñas realizarán como parada alternativa a 694, situada na rúa do Hórreo, entre as rúas San Pedro de Mezonzo e Fernando III.
A liña P6 desde Galuresa, accederá á parada da rúa da Rosa subindo por República Arxentina.
*Circulando desde Doutor Teixeiro cara Xeneral Pardiñas: liñas 13 e C11.
Estas dúas liñas irán por República do Salvador ata Xeneral Pardiñas, onde retomarán o itinerario habitual na segunda parada desta rúa, no número 7 (cruce con Montero Ríos).
Parada suprimida: 673, Xeneral Pardiñas nº 35
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.