tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por cortes de tráfico na rúa Fontes do Sar (xoves 4 e venres 5 de xullo, de 8:30 a 18:30 cada un dos días)

01/07/24

Con motivo dun corte ao tráfico na rúa das Fontes do Sar no horario indicado, as liñas 9, C5 e C6 realizarán os seguintes desvíos:

*XOVES 4/7, de 8:30 a 18:30. Cortarase a rúa Fontes do Sar nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rotonda do Vieiro.
-Liña 9 cara Cidade da Cultura e liña C6: desde a rúa Londres desviaranse pola rúa Dublín e costa do Vieiro, retomando na rotonda o seu itinerario habitual cara o multiusos.

Paradas suprimidas:

(297) rúa Londres, instituto. Suprimida para a liña 9.

(494) rúa Fontes do Sar nº 4. Suprimida para as liñas 9 e C6.

-Liña 9 cara pza. de Galicia e liña C5: desde a rotonda do Vieiro desviaranse pola costa do Vieiro e rúa Dublín, rúa Londres e cambio de sentido na rotonda da EGAP para realizar a parada habitual 296 na rúa Londres.

Paradas suprimidas:

(492) rúa das Fontes do Sar. Suprimida para as liñas 9 e C5.



*VENRES 5/7, de 8:30 a 18:30. Cortarase a rúa Fontes do Sar nos dous sentidos de circulación, no treito comprendido entre a rúa Londres e a rúa das Casas da Hedra (despois do viaducto da SC-20).

-Liña 9, traxecto Pza. Galicia - CDC: realizarán o percorrido habitual pola avda. de Lugo, continuando a Bernardo Barreiro, rúa de Sar, Ponte de Sar, Diego Bernal, multiusos e Cidade da Cultura.

Paradas suprimidas para a liña 9 no traxecto Pza. Galicia – CDC:

(88) rúa Londres, centro de saúde

(297) rúa Londres, instituto

(494) rúa Fontes do Sar nº 4

(493) rúa Fontes do Sar, piscinas.

-Liña 9, traxecto CDC - pza. Galicia: realizarán o percorrido habitual ata o multiusos, desviándose por Diego Bernal, Ponte de Sar, rúa de Sar, Bernardo Barreiro, avda. de Lugo, rúa Londres e retomando o itinerario na rúa de Lisboa.

Paradas suprimidas para a liña 9 no traxecto CDC – Pza. Galicia:

(383) Piscinas Fontes do Sar

(492) rúa das Fontes do Sar

(296) rúa Londres (EGAP)

-Liña C5: desde a rúa Ponte de Sar continuará por rúa de Sar, Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e retomará o seu itinerario na rúa de Londres.

Paradas suprimidas para a liña C5:

(324) multiusos Fontes do Sar

(383) Piscinas Fontes do Sar

(492) rúa das Fontes do Sar

-Liña C6: desde a rúa París, ao non poder posteriormente acceder á rúa Fontes de Sar, desviarase ao final de París á esquerda cara a rúa de Londres, accederá ao carril de servizo da SC-20 en sentido centro, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro, rúa de Sar e retomará o seu itinerario habitual na rúa Ponte de Sar.

Paradas suprimidas para a liña C6:

(494) rúa Fontes do Sar nº 4

(493) rúa Fontes do Sar, piscinas.

(324) multiusos Fontes do Sar



Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.