tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por cortes de tráfico o domingo 23 de xuño

21/06/24

Con motivo das cacharelas da noite de San Xoán cortaranse ao tráfico varias rúas na cidade, có que algunhas liñas do transporte urbano terán que desviarse nalgúns dos seus servizos:

*Corte en Conxo, nas rúas Sánchez Freire e Campo de Conxo, afectando ás liñas 5 e C2.
Estas rúas estarán cortadas a partir das 20:00 do domingo 23.

Debido a este corte, as liñas 5 e C2 realizarán os seguintes desvíos:

-Liña 5 sentido Rocha: despois de García Prieto, desviaranse pola avda. de Ferrol, SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando o percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).

Paradas suprimidas: (575) Sánchez Freire; (155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28.

-Liña 5 sentido Vite: realizarán o percorrido habitual ata a rotonda de Televés, onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, SC-20, e itinerario habitual pola avda. de Ferrol.

Parada suprimida: (412) Campo de Conxo, psiquiátrico.

-Liña C2: despois de García Prieto, desviarase pola avda. de Ferrol ata a rotonda de Conxo e accederá ao hospital Provincial. Á saída do hospital, terá que ir pola SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando por Torrente, Benéfica, cambio de sentido na rotonda de Televés e retomando o itinerario habitual na rúa dos Roláns.

Paradas suprimidas: (575) Sánchez Freire; (155) Campo de Conxo, psiquiátrico.



*Cortes no barrio de San Pedro. A partir das 20:00 pecharase ao tráfico a intersección da Porta do Camiño coa rúa de San Pedro.

-Liña C11: desde Virxe da Cerca irá por San Roque, Pastoriza, avda. Rodríguez de Viguri e avda. de Lugo, retomando o seu itinerario habitual cara Fontiñas na avda. de Lugo.

Paradas suprimidas: (397) Porta do Camiño; (511) rúa San Pedro nº 58; (219) Cruceiro de San Pedro.



Todas as paradas do transporte urbano nos percorridos de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.