tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 15 por corte de tráfico na avda. Burgo das Nacións (xoves 13 e venres 14 de xuño, de 8:00 a 18:30 cada un dos días)

11/06/24

Con motivo dun corte de tráfico na avda. Burgo das Nacións os días e horario indicados, a liña 15 realizará o seguinte desvío:

*Traxecto en sentido Campus Norte: despois da avda. de Coimbra, os autobuses desviaranse pola avda. Xoán XXIII, praza da Paz e avda. de Castelao, retomando o itinerario na rúa Ulpiano Villanueva.
Quedarán suprimidas as paradas: (137) Burgo das Nacións, fac. Económicas; e (136) Burgo das Nacións, colexio de Vite. As paradas alternativas máis próximas son a anterior e posterior ao desvío: (81) avda. Coimbra nº 28; e (461) Ulpiano Villanueva.

*Traxecto en sentido Campus Sur: despois da parada en xornalismo na avda. de Castelao, desviaranse subindo pola avda. de Castelao, avda. Xoán XXIII e retomando o itinerario na avda. de Coimbra.

Quedarán suprimidas as paradas: (135) Burgo das Nacións, Auditorio de Galicia; e (138) Burgo das Nacións, fac. Económicas. As paradas alternativas máis próximas son a anterior e posterior ao desvío: (63) avda. Castelao, xornalismo; e (82) avda. Coimbra nº 9.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.