tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico no Campo de Santa Isabel, acceso a Casas Novas (martes 11 e mércores 12 de xuño, de 8:00 a 18:30 cada un dos días)

10/06/24

Con motivo dun corte ao tráfico no campo de Santa Isabel nos horarios indicados, a liña 9 realizará o seguinte desvío:

Entre as 8:00 e as 18:30 tanto do martes 11 coma do mércores 12 de xuño:
*Liña 9: despois do Pombal desviarase por Cruceiro de Gaio, Carme de Abaixo e Monte Pío, retomando ao final da costa de Casas Novas o seu itinerario habitual. Realizará este percorrido nos dous sentidos de circulación da liña.

Nos horarios non afectados polo corte, a liña realizará o seu percorrido habitual.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas:

-Circulando cara Casas Novas: (265) Galeras nº 16A; (266) Galeras nº 38; (160) Campo de Santa Isabel; (384) Ponte da Asén; (208) Costa de Santa Isabel nº 18

-Circulando desde Casas Novas: (207) Costa de Santa Isabel nº 16; (161) Campo de Santa Isabel nº 8; (264) Galeras (c. Domingo García Sabell); (267) Galeras nº 5

Paradas alternativas máis próximas aos puntos de desvío: Casas Novas, cruce Monte Pío; e Cruceiro de Gaio.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.