tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na zona de San Pedro e Bonaval (sábado 18/3 entre as 16:30 e as 20:00)

15/03/23

Con motivo da carreira CorreSan no barrio de San Pedro o sábado 18 de marzo, as liñas que circulan pola zona terán desvíos.

O sábado 18 de marzo entre as 16:30 e as 20:00 (hora de apertura estimada), as liñas realizarán os seguintes desvíos:
*Liñas 7 e P3: ao non poder acceder á rúa Valle Inclán, as liñas rematarán o percorrido por Rodas, San Roque, Basquiños e realizando o cambio de sentido na praza da Paz.

Quedarán suprimidas as paradas (637) Valle Inclán dársena e (639) Valle Inclán La Salle. Será parada alternativa a (573) situada na rúa San Roque nº 21, así como a parada habitual de Virxe da Cerca, praza de abastos.

*Liña C5: a partir da saída do polígono de Costa Vella das 16:30, a liña desviarase continuando por avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal, Pastoriza e San Roque, retomando a partir de ahí o seu itinerario habitual.

Quedarán suprimidas as paradas (196) Rodríguez de Viguri, acceso Concheiros, (220) Cruceiro de San Pedro, (154) Campo da Angustia, (557) San Domingos de Bonaval e (639) Valle Inclán La Salle.

*Liña C11: a liña desviarase desde Virxe da Cerca por rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal, e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o itinerario na avda. de Lugo.

Quedarán suprimidas as paradas (397) Porta do Camiño, (511) rúa de San Pedro nº 58 e (219) Cruceiro de San Pedro.

Todas as paradas do transporte urbano nos distintos percorridos de desvíos serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.