tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Restricións e desvíos no transporte urbano. Desfile de Entroido (martes 21/2/2023)

20/02/23

Con motivo da celebración do desfile de Entroido, as liñas de transporte urbano terán restricións temporais na circulación:

*O desfile comezará ás 17:30 có seguinte itinerario: avenida de Ferrol, Romero Donallo, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I.
*Os autobuses agardarán ao paso do desfile, seguindo en todo caso as indicacións da Policía Local.



*A avenida de Ferrol estará cortada ao tráfico desde as 15:00 ata as 17:30, ao realizarse alí a concentración das carrozas. Nese horario, as liñas 5, 12 e C4 non realizarán as paradas da avda. de Ferrol, desviandose desde a rotonda de Conxo ata a rotonda de Galuresa, Romero Donallo, e retomando o traxecto na primeira parada da rúa República Arxentina. A partir das 17:30, os buses voltarán a circular pola avda. de Ferrol, se ben poden ter que agardar o paso do desfile na zona do Ensanche.



Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.