tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico en Rosalía de Castro (domingo 19/2 a partir das 8:00)

17/02/23

Con motivo dunha ocupación de vía en Rosalía de Castro nº 88 (sentido de saída da cidade) o domingo 19/2 a partir das 8:00, as liñas 1 e P2 realizarán o seguinte desvío:

*As liñas 1 e P2 en sentido de saída desviaranse pola pza. de Vigo, avda. de Vilagarcía e Romero Donallo, retomando o seu itinerario en Rosalía de Castro.

Quedará suprimida a parada 451, Rosalía de Castro nº 96 no horario do corte.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.