tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 por corte de tráfico en García Lorca (sábado 10/9 de 12:00 a 16:00 e a partir das 21:00)

09/09/22

Con motivo das festas do barrio de Guadalupe, a liña 8 realizará o seguinte desvío:

Nos dous sentidos de circulación, a liña fará o percorrido habitual ata a rúa Pastoriza, desviándose por San Caetano, pza. de España, rúa dos Irmandiños e retomando o itinerario habitual en Chan de Curros.

Quedarán suprimidas para a liña 8, no horario e día indicados, as paradas:

-60 e 61, avda. de Castelao (parque Pablo Iglesias)

-237 e 239, Federico García Lorca nº 14 e nº 21

-238 e 240, Federico García Lorca nº 20 e nº 8

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.