tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico na rúa dos Roláns (venres 17/9 desde as 9:00 ata a fin da xornada)

13/09/21

O venres 17 de setembro desde as 9:00 cortarase ao tráfico a rúa dos Roláns na zona de Conxo. As liñas 12, C2 e C4 realizarán os desvíos seguintes:

*Liña 12: despois da rotonda da Cantaleta, accederá á rotonda de Volta do Castro, continuando á dereita por rúa Volta do Castro, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo.

Na saída do hospital Clínico, realizará como parada alternativa a 542, rúa Volta do Castro (centro comercial), a que está en sentido de saída da cidade.

Paradas suprimidas L12: 543, Volta do Castro nº 35; 685, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro); 283, Ildefonso Sánchez Mera.

*Liña C2: desde Benéfica de Conxo desviarase por Torrente, rúa Volta do Castro, e antes de acceder ao hospital Clínico, achegarase ata o aparcadoiro de Santa Marta para facer alí parada e cambio de sentido, continuando cara o hospital Clínico.

Paradas suprimidas C2: 284, Ildefonso Sánchez Mera

*Liña C4:

-Servizos CON paso por Cantaleta: despois da rotonda da Cantaleta, accederá á rotonda de Volta do Castro, continuando á dereita por rúa Volta do Castro, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo.

-Servizos SEN paso por Cantaleta: despois da saída do hospital Clínico, desviarase por Volta do Castro, rotonda, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo. Nestas expedicións realizará como parada alternativa a 542, rúa Volta do Castro (centro comercial), a que está en sentido de saída da cidade.

Paradas suprimidas C4:  543, Volta do Castro nº 35; 685, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro); 283, Ildefonso Sánchez Mera.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.