tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Modificacións nas liñas que circulan pola avda. de Lugo (a partir do sábado 11/9)

10/09/21

Coa reapertura ao tráfico do sentido de subida da avenida, a partir do sábado 11 de setembro, algunhas liñas que circulan pola avda. de Lugo terán modificacións respecto ao percorrido que realizan actualmente:

*As liñas que baixan desde avda. Rodríguez de Viguri con destino Fontiñas ou Belvís continuarán o percorrido actual coas mesmas paradas:

-Liña 9 (Casas Novas-CDC); liña 13 (X. Pardiñas-Belvís); liña C6 e liña C11 (cara Fontiñas e C.Francés)

Paradas:

535 Avda. Rodríguez de Viguri (antes cruce Concheiros), as 4 liñas citadas.

088 Londres (centro de saude), as liñas citadas excepto a liña 13.

086 Avda. Lugo (cruce Quiroga Palacios), para a liña 13.

*Liña 9 (CDC-Casas Novas) e liña C5: despois da parada de Lisboa, recuperan a parada 128, rúa Berlín (realizándose ainda na marxe oposta da rúa, ao carón do paso de peóns á mesma altura da parada), irán por Viena, avda. de Lugo sentido norte e continuarán o desvío actual por Anxo Casal, Pastoriza e San Roque.

*Liña 13 (Belvís-X. Pardiñas): despois da parada 92, avda. Lugo nº 22, continuará pola avda. de Lugo e seguirá o desvío actual por Anxo Casal, Pastoriza e San Roque. Continua suprimida a parada 89, avda. de Lugo (xulgados) no carril de servizo.

*Liña C2 e liña C11 (cara o centro da cidade): despois da parada de Lisboa, recuperan a parada 128, rúa Berlín (realizándose ainda na marxe oposta da rúa, ao carón do paso de peóns á mesma altura da parada), irán por Viena, avda. de Lugo sentido norte, cambio de sentido na rotonda con Monte dos Postes e baixarán pola avda. de Lugo recuperando o itinerario habitual cara o centro. Recuperan a parada 293, avda. de Lugo nº 263, que pasarán a facer en lugar da parada actual antes da rotonda.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.