tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por obras na zona de Conxo (entre as 9:00 do luns 19/7 e as 9:00 do luns 26/7)

13/07/21
A rúa dos Roláns recuperará as liñas 12, C2 e C4 que circulan pola zona. Ao mesmo tempo, cortarase por espazo dunha semana a rúa Benéfica de Conxo, afectando á liña 5.
NOVOS DESVÍOS ENTRE AS 9:00 DO LUNS 19/7 E AS 9:00 DO LUNS 26/7:

*Liñas 12, C2 e C4: voltarán ao seu percorrido habitual pola zona de Conxo e Santa Marta.

*Liña 5 (traxectos con saída da Rocha): desde Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia) non poderán acceder á rúa Torrente, polo que se desviarán por rotonda de Volta do Castro, SC-20, rotonda de Conxo, Campo de Conxo (psiquiátrico), cambio de sentido na rotonda de Teléves, e continuarán o seu percorrido habitual novamente por Campo de Conxo e pola avda. de Ferrol.

Paradas suprimidas: 629, Torrente nº 31; 627, Torrente (c. Travesa Benéfica); 126, Benéfica de Conxo.

*Liña 5 (traxectos con destino Rocha): desde Campo de Conxo chegarán ata a rotonda de Televés, desde onde realizarán cambio de sentido ata a rotonda de Conxo, SC-20, rotonda de Volta do Castro e percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).

Paradas suprimidas: 626, Torrente (c. Travesa Benéfica); 628, Torrente nº 28; 246, Torrente (c. Volta do Castro).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.