tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío adicional na liña P2 por corte de tráfico na zona de Laraño (xoves 24/6/2021 a partir das 9:00)

21/06/21

Con motivo dun corte de tráfico na estrada de Bugallido á Barcia, pola que a liña P2 está a realizar o desvío por corte da Ponte Vella de Vidán, o xoves 24 de xuño a partir das 9:00 a liña rematará antes o seu percorrido:

Todas as viaxes da liña P2 a partir das 9:00 rematarán e iniciarán percorrido no cruce entre a estrada de Noia AC-543 e a rúa da Xunlla. A liña retomará o seu itinerario actual ao longo da tarde, no momento en que rematen os traballos na devandita vía.

Quedarán suprimidas as paradas nos dous sentidos de circulación que se están a realizar no desvío (Paredes, Larañiño e Reibó), así como as derradeiras da liña en Casal e viaducto.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.