tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos no transporte urbano. Obras na zona de Conxo (a partir do martes 15/6 desde o inicio dos servizos do día)

10/06/21
A zona do Campo de Conxo recuperará as liñas de transporte urbano habituais que circulan pola zona. Ao mesmo tempo, cortarase por espazo dun mes a rúa dos Roláns, afectando ás liñas 12, C2 e C4.
NOVOS DESVÍOS A PARTIR DO MARTES 15/6:

*Liña 5 (nos dous sentidos de circulación): a liña 5 recupera o seu itinerario habitual pola zona de Benéfica e Campo de Conxo.

*Liña 12 (traxecto Os Tilos – hospital Provincial): despois da rotonda da Cantaleta, accederá á rotonda de Volta do Castro, continuando á dereita por rúa Volta do Castro, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo.

Na saída do hospital Clínico, realizará como parada alternativa a 542, rúa Volta do Castro (centro comercial), a que está en sentido de saída da cidade.

Paradas suprimidas: 543, Volta do Castro nº 35 / 685, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro) / 283, Ildefonso Sánchez Mera

*Liña C2: desde a rotonda de Conxo poderá continuar por Campo de Conxo e Benéfica, pero ao non poder acceder á rúa dos Roláns, continuará por Torrente, Volta do Castro e acceso ao hospital Clínico.

Paradas suprimidas: 284, Ildefonso Sánchez Mera / 684, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro)

*Liña C4:

-Servizos con paso por Cantaleta: despois da rotonda da Cantaleta, accederá á rotonda de Volta do Castro, continuando á dereita por rúa Volta do Castro, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo.

-Servizos sen paso por Cantaleta: despois da saída do hospital Clínico, desviarase por Volta do Castro, rotonda, Torrente, e recuperando o seu itinerario habitual en Benéfica e Campo de Conxo.

Nestas expedicións realizará como parada alternativa a 542, rúa Volta do Castro (centro comercial), a que está en sentido de saída da cidade.

Paradas suprimidas: 543, Volta do Castro nº 35 / 685, Feliciano Barrera Fernández (aparcadoiro) / 283, Ildefonso Sánchez Mera

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.