tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío adicional con motivo das obras na avda. de Lugo (a partir das 8:00 do sábado 8/5/2021)

05/05/21
Con motivo dos traballos de aglomerado no carril ascendente da avda. Rodríguez de Viguri, a parada 128 (Berlín, centro sociocultural) quedará anulada na xornada do sábado 8 de maio, a partir das 8:00.
O corte de tráfico afectará aos seguintes traxectos:

*Liña 9, no traxecto con saída da Cidade da Cultura.

*Liña 13, no traxecto con saída de Belvís.

*Liñas C2 e C5.

*Liña C11, no traxecto con saída do Camiño Francés e Fontiñas.

Desvíos:

*Liña 13: desde Quiroga Palacios e avda. de Lugo, desviarase pola rúa Londres, Lisboa, avda. do Camiño Francés e retomará o seu itinerario actual na rúa Anxo Casal.

Neste novo desvío temporal a liña 13 non deixará sen realizar ningunha das súas paradas actuais.

*Liñas 9 e C5: desde a rúa Lisboa desviaranse continuando por Lisboa, avda. do Camiño Francés e retomarán o seu itinerario actual na rúa Anxo Casal.

*Liñas C2 e C11: desde a rúa Lisboa desviaranse continuando por Lisboa, rúa Monte dos Postes e retomarán o seu itinerario actual na avda. Rodríguez de Viguri a través da nova rotonda fronte á estación de autobuses.

Para as liñas 9, C2, C5 e C11 quedará suprimida a parada 128 (Berlín, centro sociocultural). Os usuarios desta parada poden dirixirse á anterior parada das liñas, situada na rúa Lisboa.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.