tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na Ponte Vella de Vidán (a partir das 9:00 do xoves 29 de abril)

27/04/21
A partir do xoves 29 de abril ás 9:00 e durante seis meses aproximadamente, cortarase ao tráfico a Ponte Vella de Vidán e a liña P2 realizará o seguinte desvío:
Desviarase nos dous sentidos de circulación. Desde a rotonda de Vidán, irá por AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla, Reibo e retomará o seu itinerario en Casal.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e Laraño, igrexa (paradas 291 e 292).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.