tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por modificación no tráfico na rúa Berlín (xoves 17 e venres 18/12/2020)

15/12/20

Con motivo das obras que se levan a cabo na avda. de Lugo, o tráfico de subida pola rúa Berlín realizarase polo carril paralelo que actualmente está cortado:

A consecuencia desta modificación, o xoves 17 desde o momento do corte ata a reapertura do carril habitual prevista na xornada do venres 18 de decembro, quedará suprimida a parada 128 Berlín (centro sociocultural), afectando ás liñas 9, C2, C5 e C11.

Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior de cada liña:

*Parada anterior, liñas 9, C2, C5 e C11: a situada na rúa Lisboa cruce con Berlín.

*Parada posterior, liñas C2 e C11: a situada en Rodríguez de Viguri (rotonda Concheiros).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.