tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 5 e C2 por corte de tráfico na rúa García Prieto (sábado 6/2 de 8:00 a 15:00)

02/02/21

Debido a un corte de tráfico que terá lugar na rúa de García Prieto o sábado 6 de febreiro entre as 8:00 e as 15:00, as liñas 5 en sentido Rocha e C2 realizarán o seguinte desvío:

Despois da rúa Frei Rosendo Salvado, desviaranse pola avda. de Ferrol, quedando suprimidas as seguintes paradas:
* Parada 95: avda. Vilagarcía nº 26

* Parada 269: García Prieto nº 18-22 (Doutor Maceira)

* Parada 270: García Prieto nº 64

* Parada 575: Sánchez Freire



Os autobuses realizarán tres paradas alternativas no desvío pola avda. de Ferrol, aproximadamente á mesma altura que as existentes no carril contrario desa avenida.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.