tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos no transporte urbano por corte de tráfico na rúa dos Concheiros (a partir do luns 16/11/2020)

12/11/20

Con motivo das obras que se levarán a cabo na rúa dos Concheiros, a partir do luns 16 de novembro desde o inicio dos servizos do día, as liñas 9, 13 e C5 realizarán o seguinte desvío:

*Desvío nas liñas 9, 13 e C5 nos traxectos desde Fontiñas e avda. de Lugo en sentido Concheiros – Angustia - Bonaval:
A liña 9 (traxecto Cidade da Cultura – Casas novas), a liña 13 (traxecto Belvís – Xeneral Pardiñas) e a liña C5, en lugar de acceder á rúa dos Concheiros desviaranse desde a avda. Rodríguez de Viguri pola rotonda coa avda. do Camiño Francés, Anxo Casal, Pastoriza e rúa San Roque, continuando desde ahí cós seus itinerarios habituais.



Quedarán suprimidas as seguintes paradas:


*196, Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para as liñas 9 e C5: rúa Berlín; para a liña 13: Avda. de Lugo nº 22).

*220, Cruceiro de San Pedro.

*154, Campo da Angustia.

*557, San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

*639, Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).

As tres liñas desviadas, cando circulen fóra do seu traxecto habitual, realizarán como paradas alternativas as situadas nas rúas de Pastoriza e de San Roque.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.