tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Nova modificación nos aforos permitidos no transporte urbano (a partir do 10/11/2020)

06/11/20

A ORDE do 9 de novembro de 2020 publicada no DOG o martes día 10, modifica a Orde do 4 de novembro pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia:

O aforo máximo permitido nos autobuses queda limitado do seguinte xeito:

*Poderase ocupar a totalidade dos asentos. Manterase a separación máxima cando o nivel de ocupación o permita.

*Establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé, procurando que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible.

Lémbrase a obrigatoriedade do uso de máscara no transporte público. Non se poderá consumir alimentos no interior dos vehículos e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo.