tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de inverno 2020-2021 no transporte urbano

08/09/20

O día 10 de setembro comezan os novos horarios de inverno na rede de transporte público de Santiago de Compostela.

O vindeiro xoves día 10 de setembro entrarán en vigor os novos horarios de transporte urbano correspondentes á tempada de inverno.

Compre destacar que non mudan os horarios con respecto ás anteriores tempadas de inverno, dado que a pesar da importante reducción no número de usuarios debido á situación derivada da crise sanitaria pola COVID19, entendemos necesario, unha vez se retoma a actividade escolar, manter o mesmo nivel de servizos que garantan a mobilidade das persoas.

Así mesmo, existen servizos a zonas escolares, que en horas punta tiñan un alto índice de ocupación e que, debido á situación actual, reforzaranse para evitar na medida do posible a saturación dos mesmos.

Lembramos que os vehículos son desinfectados e ventilados e contan con xel hidroalcólico. Con todo, unha vez máis, apelamos á responsabilidade individual, lembrando o uso obrigatorio da máscara sin a cal non se poderá viaxar no autobús, así como un chamamento a ocupar a totalidade do espazo do autobús, evitando as concentracións nas partes dianteiras e centrais.

Todas as liñas do transporte urbano recuperan a partir do xoves os horarios habituais da tempada de inverno. Nos vindeiros días facilitarase a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a sustitución da cartelería nas paradas da cidade.