tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Cambio de localización temporal da parada 93 (avda. de Lugo nº 263)

05/08/20

Con motivo das obras que teñen lugar na avda. de Lugo, a parada 93 (avda. de Lugo nº 263) realizarase noutra localización, a partir do xoves 6 de agosto ás 8:00 e durante unhas dúas semanas:

Afecta ás liñas 13, C2 e C11, con sentido cara o centro da cidade (liñas C2 e C11) ou Quiroga Palacios (no caso da liña 13).

Ao estar cortado ao tráfico o carril de servizo de baixada da avda. de Lugo, as liñas realizarán como alternativa a parada 535 (avda. Rodríguez de Viguri, rotonda de Concheiros), situada xusto antes da antiga rotonda no cruce con Concheiros.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.