tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 26 e sábado 27 de xuño de 2020)

22/06/20
Con motivo das festas do barrio de San Pedro, as liñas C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:
O venres 26 de xuño, entre as 20:00 e a finalización de servizo, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros, corte que lle afectará á liña C11.

O sábado 27 de xuño, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde o inicio ata as 23:00, afectando ás liñas C11 (S. Pedro e Concheiros) e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.

*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Nos momentos de corte da rúa de San Pedro, tanto o venres coma o sábado, a liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario a partir deste punto.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64 (parada alternativa máis próxima: avda. Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros).

*Desvío sentido sur (desde Fontiñas e avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval - San Roque):

O sábado 27, a liña C5 desviarase pola avda. Rodríguez de Viguri, Pastoriza e rúa San Roque, continuando có seu itinerario habitual.

Paradas suprimidas:
-196  Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para a liña C5: rúa Berlín).

-220 Cruceiro de San Pedro.

-154  Campo da Angustia.

-557  San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).

-639  Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).



Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.