tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos en varias liñas por obras en rúas do Ensanche (mércores 22 e xoves 23/4/2020)

21/04/20

Con motivo de obras que terán lugar en diversas rúas do Ensanche entre o mércores 22 e o venres 24 de abril, determinadas liñas terán que realizar desvíos:

*Mércores 22/4, de 16:00 a 19:00 corte en Ponte Castro (desde Doutor Teixeiro a Xeneral Pardiñas e a Rosa): este corte afecta ás liñas 6 e C11.

-Liña 6 (servizo con saída de San Marcos das 16:00): desde Doutor Teixeiro desvío polo Hórreo a Galuresa. Quedan suprimidas as paradas da rúa da Rosa e Santiago León de Caracas. Esta última realizarase de xeito alternativo na parada que está ao carón na vía principal na rúa do Hórreo.

-Liña C11 (servizos con saída do Camiño Francés das 15:50 e 16:10): desde Santiago de Guayaquil irá polo Hórreo ata a parada da pza. de Galicia (ferretería). Quedan suprimidas as dúas paradas de Xeneral Pardiñas.

*Xoves 23/4, de 8:30 a 10:00 corte na rúa República Arxentina: este corte afecta ás liñas 5 e C4.

-Liñas 5 e C4 (nos servizos con paso pola rúa nese horario): desde a avda. de Ferrol irán sen servizo por Rosalía de Castro, pza. Galicia e Doutor Teixeiro, retomando os seus itinerarios na pza. de Ponte Castro, a liña 5 cara Xeneral Pardiñas e a liña C4 cara a rúa da Rosa.

Quedan suprimidas as dúas paradas da rúa República Arxentina.

*Xoves 23/4, de 14:00 a 15:00 corte na rúa República do Salvador e de 15:00 a 16:00 corte na rúa Frei Rosendo Salvado: este corte afecta á liña 5.

-Liña 5 (nos servizos con saída de Vite e con paso polas rúas nese horario): desde Doutor Teixeiro desviaranse pola rúa da Rosa, Santiago de Chile ata o derradeiro tramo de Frei Rosendo Salvado.

Quedan suprimidas as paradas de República do Salvador e Frei Rosendo Salvado. Esta última realizarase de xeito alternativo na parada que está en Santiago de Chile, cruce con Frei Rosendo Salvado.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.