tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Actualización das medidas acordadas para a prevención do Coronavirus (luns 30/3/2020)

30/03/20

O mércores 18 de marzo, a sesión da Xunta de Goberno Local acordou novas medidas no ámbito do transporte urbano. Actualízase a información ata hoxe:

*Haberá uns NOVOS HORARIOS no transporte urbano, afectando á práctica totalidade das liñas, que entran en vigor o martes 31 de marzo. Estes horarios están adecuados á demanda actual do servizo. Manterase un servizo continuo e de garantía das liñas que cobren os centros hospitalarios, favorecendo os desprazamentos a usuarios e persoal sanitario. A meirande parte das liñas contará con servizo de transporte a pesar da reducción de frecuencias, garantindo os desprazamentos a primeira hora, mediodía e noite.

Toda a información detallada dos horarios das distintas liñas poden atopala no enlace adxunto.

Ao longo do día de mañá actualizaranse os horarios na información da propia web e app móbil, para que estean a disposición dos usuarios nas distintas vías.

MEDIDAS ACORDADAS CON ANTERIORIDADE:

*Mantense o aforo máximo de 30 persoas por autobús.

*Os usuarios deben acceder ao autobús a través das portas traseiras ou centrais, evitando deste xeito o contacto directo có persoal de condución. Deberán validar o seu título de viaxe dende a parte de atrás do condutor, ou no seu caso, deixar a súa tarxeta ou moedas no punto habilitado para evitar o contacto có condutor. Nos vindeiros dous días habilitaranse validadoras nas portas centrais e traseiras.

*A partir do xoves 19 de marzo, e durante o periodo de vixencia da situación actual, só se poderá viaxar coas tarxetas de transporte urbano, sendo por tanto este o único sistema de validación posible. Non se poderán adquirir billetes sinxelos (nin ordinarios nin escolares) nin realizar recargas de tarxetas nos autobuses en servizo.

*A tal efecto e desde hoxe 16 de marzo ás 15:00, poñeranse a disposición dos usuarios tres puntos de venta e recarga de tarxetas (con horario de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 de luns a venres laborables):

-Praza de Galicia, na parada da ferretería.

-Fontiñas, rúa Lisboa, ao carón da parada de taxis.

-Avenida de Vilagarcía nº 28.


Documentación