tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 por corte de tráfico no Camiño dos Vilares (martes 4/2, de 8:00 a 20:00)

31/01/20

Con motivo dun corte de tráfico nun tramo do Camiño dos Vilares, entre as 8:00 e as 20:00 do martes 4 de febreiro, a liña 8 realizará o desvío seguinte:

*Liña 8, traxecto Vidán - Camiño dos Vilares: cortarase ao tráfico o Camiño dos Vilares entre a rúa do Río e a rúa Cañoteira, polo que os buses desviaranse á dereita por rúa do Río e rúa do Tambre para finalizar o traxecto que corresponda, ben na rúa do Tambre, ben no tanatorio de Boisaca.

Quedará suprimida a parada 140, Camiño dos Vilares (Cañoteira). As paradas anterior e posterior a esta (146, C. Vilares nº 172; e 143, C. Vilares rúa dos Vilares) realizaranse nas inmediacións no mesmo cruce onde están ubicadas.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.