tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte nun tramo do carril de servizo da avda. de Lugo (domingo 2/2 de 8:00 a 15:00)

30/01/20

Con motivo dun corte de tráfico nun tramo do carril de servizo da avda. de Lugo (sentido de baixada cara o centro da cidade, a partir do cruce coa avda. Quiroga Palacios), as liñas C2 e C11 circularán pola vía principal da avenida:

O domingo 2 de febreiro entre as 8:00 e as 15:00, as liñas C2 e C11, despois de realizar a parada 86 (avda. de Lugo, cruce Quiroga Palacios), deberán incorporarse e circular pola vía principal da avda. de Lugo sen realizar paradas ata a confluencia coa SC-20.

Quedará suprimida no horario indicado a parada 91, situada no carril de servizo (avda. de Lugo nº 151).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.