tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (domingo 26/1/2020)

22/01/20

Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Monbus Obradoiro o domingo 26 de xaneiro ás 20:00 no multiusos Fontes do Sar:

Haberá un servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:05, 19:25 e 19:45. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).