tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na Ponte Vella de Vidán (a partir do venres 13/12/2019 ás 8:00)

12/12/19

A partir do venres 13 de decembro ás 8:00 ata o martes 17 incluido, con motivo do peche ao tráfico na Ponte Vella, a liña P2 realizará o seguinte desvío:

Esta liña desviarase nos dous sentidos de circulación. Desde a rotonda de Vidán, irá por AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla, Reiboó e retomará o seu itinerario en Casal.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e igrexa de Laraño (paradas 291 e 292).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.