tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos no transporte urbano por cortes de tráfico en rúas do Ensanche (martes 3/12/2019)

02/12/19

Con motivo de varios cortes de tráfico no Ensanche, varias liñas do transporte urbano realizarán desvíos:

*Corte na rúa República do Salvador (entre Doutor Teixeiro e Xeneral Pardiñas):  Horario de corte: martes 3 de 9:00 a 13:00.

A liña 5 en sentido Rocha realizará o percorrido por Doutor Teixeiro, rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo, pza. Roxa e retomará o seu itinerario por Frei Rosendo Salvado.

Quedará suprimida a parada 433, rúa República do Salvador, sendo as alternativas máis próximas as paradas da pza. de Galicia e rúa Frei Rosendo Salvado.

 

*Corte na rúa Xeneral Pardiñas: Horario de corte: martes 3 de 14:30 a 19:00.

As liñas afectadas son: liña 5, liña 13, liña 15, liña C11 e liña P6.

Para todas estas liñas quedan suprimidas as paradas: 673, Xeneral Pardiñas nº 35; e 674, Xeneral Pardiñas nº 7

As paradas alternativas para cada liña son:

*Liñas 5, 15 e P6: desde República Arxentina, desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e pza. Galicia (parada 409, ferretería), retomando desde ahí o seu itinerario habitual.

As paradas alternativas máis próximas son: 431, República Arxentina nº 26; e 277, rúa do Hórreo nº 23.

*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e pza. Galicia (parada 409, ferretería), retomando desde ahí o seu itinerario habitual.

As paradas alternativas máis próximas son: 226, Curros Enríquez; e 277, Rúa do Hórreo nº 23

*Liña 13: rematará o seu traxecto na praza de Galicia, na parada 410, desde onde iniciará de novo o percorrido.

A parada alternativa máis próxima é 410, Praza de Galicia nº 3.

 

Os horarios de finalización dos desvíos son aproximados, poden variar en función do desenvolvemento dos traballos.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.