tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Corte de tráfico na rúa do Pombal en sentido de subida (martes 26/11 a partir das 12:45)

26/11/19

Con motivo dun corte de tráfico urxente na rúa do Pombal en sentido subida, as liñas seguintes serán desviadas:

*Liñas 4 dirección Cancelas, 9 dirección Cidade da Cultura, C4, P1 dirección estación de autobuses e P7 dirección Porta do Camiño.

Desviaranse desde Galeras por Poza de Bar, avda. das Burgas, avda. da Coruña e Rosalía de Castro.

Quedará suprimida a parada 553, San Clemente (Alameda, en sentido a Senra) para todas esas liñas, e a maiores, a parada 113, Xoán Carlos I (igrexa do Pilar) para a liña C4.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.