tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña C2 por corte na avda. da Liberdade (venres 8/11 de 8:00 a 20:00)

07/11/19

Con motivo dunha ocupación de vía, a avda. da Liberdade cortarase ao tráfico afectando á liña C2, o venres 8 de novembro entre as 8:00 e as 20:00.

No horario indicado, a liña C2 na saída do hospital Clínico circulará pola rúa da Choupana. Quedará suprimida a parada 686 na avda. da Liberdade. Os usuarios poden dirixirse á parada 187 na rúa da Choupana, que a liña realizará como alternativa.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.