tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS

Servizo de transporte á XLV edición da Festa do Escalo 2019 (domingo 21/7/2019)

18/07/19

O domingo 21 de xullo, a liña P6 do transporte urbano realizará un servizo especial ata a área recreativa de Chaián, con motivo da edición anual da festa do Escalo:

A liña contará cós seguintes horarios o domingo 21 de xullo:

*Saídas da rúa da Rosa con destino a Chaián: 13:00 13:30

*Saídas de Chaián con destino á rúa da Rosa: 20:30 21:00

O servizo realizará as paradas habituais da liña P6 do transporte urbano: rúa da Rosa, Xeneral Pardiñas, pza. Galicia, Ensinanza, Virxe da Cerca, San Roque, Basquiños, Pastoriza, San Caetano, Cruceiro da Coruña, prolongándose desde o polígono do Tambre ata o lugar de Chaián.