tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 7 por corte de tráfico en Ponte de Sar (sábado 11 e domingo 12 de maio de 2019)

08/05/19
Debido a un corte de tráfico na rúa Ponte de Sar con motivo da Festa Medieval do barrio, que terá lugar o sábado 11 e o domingo 12 de maio, a liña 7 realizará os seguintes desvíos (en todos os servizos da fin de semana):

*Sentido Aríns: desde pza. Galicia – rúa do Hórreo – Avda. Lugo – rúa Londres – rúa Fontes de Sar – rúa Diego Bernal (multiusos) e itinerario habitual por rúa Ponte de Sar.

Paradas suprimidas: (462) rúa Castrón Douro; (516) rúa de Sar de Afora nº 90; (194) Colexiata de Sar; (387) Ponte de Sar nº 22.

*Sentido rúa Valle Inclán: o percorrido inverso, desde a rúa Ponte de Sar por Diego Bernal, rúa Fontes de Sar, rúa Londres, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro e rúa Curros Enríquez.

Paradas suprimidas: (388) Ponte de Sar nº 41; (195) Colexiata de Sar; (515) rúa de Sar de Afora nº 18; (227) Curros Enríquez nº 25.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.