tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte de tráfico na rúa da Estrada (martes 7/5 a partir das 12:00)

07/05/19

A partir das 12:00 do martes 7 de maio, as liñas C5 e C6 do transporte urbano modificarán os seus percorridos de desvío con motivo dun corte de tráfico en Picaños, Santasmariñas e rúa da Estrada:

*Liña C5:

Itinerario habitual ata a rotonda do Castiñeiriño, desviándose por Paxonal en sentido de baixada, rúa Clara Campoamor, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, Castrón Douro, rúa de Sar, rúa da Ponte de Sar, e retomando o seu itinerario habitual na rúa de Diego Bernal cara o multiusos.

-Paradas suprimidas: (465) rúa da Estrada nº 74; (464) rúa da Estrada nº 28; (588) Santasmariñas nº 49; (374) Picaños nº 55; (376) Picaños nº 7; (386) Ponte de Sar nº 55.

-Paradas alternativas no desvío: (371) Paxonal nº 63; (370) Paxonal nº 29-31; (369) Paxonal, rotonda rúa Canfranc; (387) Ponte de Sar nº 22.

*Liña C6:

Itinerario habitual ata a rúa Diego Bernal, desviándose por rúa da Ponte de Sar, rúa de Sar, Castrón Douro, Curros Enríquez, Bernardo Barreiro, rúa Clara Campoamor, e retomando o seu itinerario habitual na rúa de Amor Ruibal.

-Paradas suprimidas: (389) Ponte de Sar nº 46; (377) Picaños nº 8; (375) Picaños nº 59; (467) rúa da Estrada nº 4; (466) rúa da Estrada nº 28; (468) rúa da Estrada nº 76; (371) Paxonal nº 63; (370) Paxonal nº 29-31; (369) Paxonal, rotonda rúa Canfranc.

-Paradas alternativas no desvío: (388) Ponte de Sar nº 41. A seguinte parada a realizar, sendo a máis próxima á zona do Paxonal será a parada (42) rúa Amor Ruibal nº 17.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.