tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 5 por corte de tráfico en Poza Real (de 15:30 a 17:30, xoves 21 de marzo)

20/03/19

Con motivo do pintado da vía en Poza Real, a liña 5 entre as 15:30 e as 17:30 do xoves 21/3 realizará os mesmos desvíos que no anterior corte para o asfaltado:

*Liña 5 en sentido Rocha: ao finalizar a rúa de Torrente, desviarase por rúa da Ponte da Rocha, rúa de Volta do Castro, rotonda de Volta do Castro, acceso ao periférico e viaducto da Rocha, acceso á Rocha Vella e rúa do Churruchao e parada final da liña en Poza Real de Arriba.

Neste sentido de circulación, quedarán suprimidas as paradas: (404) Poza Real de Abaixo, Sta. Apolonia; e (403) Poza Real de Abaixo.

*Liña 5 en sentido Vite: desde a rotonda de Poza Real de Arriba, accederá ao periférico e viaducto da Rocha, rotonda de Volta do Castro, rúa de Volta do Castro, rúa da Ponte da Rocha e retomará o seu itinerario habitual na rúa de Torrente.

Neste sentido de circulación, quedarán suprimidas as paradas: (405) Poza Real de Abaixo; e (406) Poza Real de Abaixo, Sta. Apolonia. Os autobuses realizarán unha parada alternativa para o colexio Sta. Apolonia no inicio da rúa Torrente, á altura do número 75.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.