tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Restricións e desvíos no transporte urbano. Desfile de Entroido (domingo 17/3/2019)

14/03/19

Con motivo da celebración do desfile de Entroido, as liñas de transporte urbano terán restricións temporais na circulación:

*O desfile comezará ás 17:30 có seguinte itinerario: avenida de Ferrol, Romero Donallo, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I.

*Os autobuses agardarán ao paso do desfile, seguindo en todo caso as indicacións da Policía Local.

*A avenida de Ferrol estará cortada ao tráfico desde as 16:30 ata as 17:30, ao realizarse alí a concentración das carrozas. A liña 5, neste horario, non realizarán as paradas da avda. de Ferrol, desviandose desde a rotonda de Conxo ata a rotonda de Galuresa, Romero Donallo, e retomando o traxecto na primeira parada da rúa República Arxentina. A partir das 17:30, os buses volverán circular pola avda. de Ferrol, se ben poden ter que agardar o paso do desfile na zona do Ensanche.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.