tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 15 por corte de tráfico no Campus Sur (xoves 14/2 de 9:00 a 14:00)

12/02/19

Con motivo dun corte de tráfico que terá lugar na rúa Doutor Ángel Jorge Echeverri (facultade de Dereito), a liña 15 realizará o seguinte desvío no seu percorrido polo campus:

*Liña 15, xoves 14 de febreiro, entre as 9:00 e as 14:00:

Desde o acceso habitual ao campus por Mestre Mateo e Jenaro de la Fuente, a liña 15 desviarase á esquerda por Lope Gómez de Marzoa, Vicente Fraíz Andón, José María Suárez Núñez, carballeira de San Lourenzo, avda. das Burgas, avda. de Compostela, avda. da Coruña e retomará o seu itinerario pola avda. das Ciencias (na parada do campo de hóckey).

Quedará suprimida a parada 96, avda. Lope Gómez de Marzoa (facultade de Relacións Laborais).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.