tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na zona de San Pedro e Bonaval (sábado 1/12 a partir das 16:00)

27/11/18

Con motivo da carreira CorreSan no barrio de San Pedro o sábado 1 de decembro, algunhas liñas terán desvíos de tráfico:

O sábado 1 de decembro a partir das 16:00 e ata as 19:00 (hora de apertura estimada), as liñas realizarán os seguintes desvíos:

*Liñas 7 e P3: ao non poder acceder á rúa Valle Inclán, as liñas rematarán o percorrido por Rodas, San Roque, Basquiños e realizando o cambio de sentido na praza da Paz. Quedarán suprimidas as paradas 637, Valle Inclán dársena e 639, Valle Inclán La Salle. Será parada alternativa a 573, situada na rúa San Roque nº 21, así como a parada habitual de Virxe da Cerca, praza de abastos.

*Liña C5: a partir da saída do polígono de Costa Vella das 16:30, a liña desviarase desde a rúa Berlín por avda. Rodríguez de Viguri, San Caetano, Pastoriza e San Roque, retomando a partir de ahí o seu itinerario habitual. Quedarán suprimidas as paradas 196 Concheiros nº 39, 220 Cruceiro de San Pedro, 154 Campo da Angustia, 557 San Domingos de Bonaval e 639 Valle Inclán La Salle.

*Liña C11: a liña desviarase desde Virxe da Cerca por rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal, e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o itinerario na rúa Berlín. Quedarán suprimidas as paradas 397 Porta do Camiño, 511 rúa de San Pedro nº 58, 219 Cruceiro de San Pedro e 197 Concheiros nº 64.

Todas as paradas do transporte urbano nos distintos percorridos de desvíos serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.