tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizos para asistir aos partidos de baloncesto da Supercopa no multiusos Fontes do Sar (venres 21 e sábado 22/9/2018)

19/09/18

Consulten os servizos de transporte para asistir aos partidos da Supercopa de baloncesto que se celebrarán no multiusos Fontes do Sar o venres 21 e sábado 22 de setembro:

Venres 21/9:

*Servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar nos seguintes horarios:

-Ida Hórreo – multiusos: de 18:00 a 19:00.

-Ida e volta multiusos – Hórreo e Hórreo – multiusos: de 20:00 a 22:00.

-Volta multiusos – Hórreo: desde as 23:00 ata a finalización.

*A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 18:05, 18:17, 18:29, 18:41, 18:53 e ás 20:05, 20:17, 20:29, 20:41, 20:53, 21:05, 21:17, 21:29 e 21:41. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

*Outras liñas con paso polo multiusos: liñas 9, C5 e C6 (frecuencias de 60 minutos). Achégase enlace coa información das liñas.

Sábado 22/9:

*Servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar nos seguintes horarios:

-Ida Hórreo – multiusos: de 17:00 a 19:15.

-Volta multiusos – Hórreo: desde as 20:30 ata a finalización.

*A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas comprendidas entre as 17:00 e 19:15. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

*Outras liñas con paso polo multiusos: liña C5 (frecuencia de 60 minutos). Achégase enlace coa información da liña.