tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P1 por corte de tráfico no Carme de Abaixo (xoves 26/3 de 14:30 a 20:00)

24/03/20

Por corte de tráfico no Carme de Abaixo, entre as 14:30 e as 20:00 do xoves 26 de marzo, a liña P1 realizará os desvíos que se indican:

*Sentido Est. de autobuses - Folgoso:

A liña despois da rúa do Pombal desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruce con Monte Pío.

*Sentido Folgoso - Est. de autobuses:

A liña realizará o seu itinerario habitual ata o cruce con Monte Pío, desviándose por esta rúa, costa de Casas Novas, Galeras e retomará itinerario a partir da rúa do Pombal.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (163) Carme de Abaixo 1 e (225) Cruceiro de Gaio, sent. centro. As paradas alternativas máis próximas serán a parada do cruce entre Carme de Abaixo e Monte Pío e a parada 267, Galeras nº 5.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.